Estabamos buscando palabras para describir a excursión, ben, requeteben, xenial, bomba, bomba requetebomba, bombazo, e Xiana dixo: PIMPI-GUAI!!! Gustounos!
Un éxito no museo! Pasámolo xenial, vimos moitos cadros, portámonos fenomenal, aprendemos cousas e divertímonos! Pouco máis se pode pedir!!!
Deixamos aquí unhas fotos do día de hoxe, mentres se fabrica o vídeo!
SAÍMOS NUN CADRO DO MUSEO!!! 😍😍😍😅
Dividíronnos en 2 grupos, @s Pimpíns fomos cos nenos e nenas de 5 anos e o noso guía, o chico da foto, chámase Jaime. Vaia guía máis guai nos tocou!!! Explicounos un montón de cousas, bailamos, cantamos, contounos un conto,... Jaime, dende aquí...Gracias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario