É imposible contarvos todo o que estamos a investigar, todas as hipóteses que se nos pasan pola cabeza, todos os faladoiros que temos sobre o tema do roubo, ...É imposible. Trataremos de facer un resumo.
Este luns, unha vez visionado o vídeo dos villanos, decidimos facer un retrato robot. Incríble, soamente vimos aos villanos uns segundos, e xa vistes, ademais as mestras estaban diante😱, e vaia retratos robot! Xa os escaneamos todos, e están a disposición da policía.
Este luns, unha vez visionado o vídeo dos villanos, decidimos facer un retrato robot. Incríble, soamente vimos aos villanos uns segundos, e xa vistes, ademais as mestras estaban diante😱, e vaia retratos robot! Xa os escaneamos todos, e están a disposición da policía.
Ese mesmo día, saímos por primeira vez a facer "unha batida" polo cole en busca de posibles pistas. Non ides crer o que atopamos. Iso sí, percorremos todo o centro.
O primeiro foi ir ao lugar por onde se supón que saíron os villanos, pola piscina. Alí, parámonos e quedamos en shock!!! Un COCHE BRANCO PEQUENO!!! Aaaaaaaaaai, uns corremos ata alí, outr@s botamos as mans á cabeza, outr@s camiñamos con cautela non fora ser que aínda estiveran por alí os ladróns...Ao final nada, PISTA FALSA. Despois fomos ata o patio de infantil, miramos no arcón dos cubo, por se tiraran alí o cadro. Nada, PISTA FALSA.
De camiño, fomos atopando PISTAS VERDADEIRAS. Un papel que seguramente tiraron para despistarnos, varias pegadas polo colexio de cando escaparon, e cando o fixeron tan rápido foron batendo nas árbores e marcaron algunhas follas, témolas. Unha bolsa de plástico na que meteron o cadro, e despois tiraron (mal feito, hai cubos de basura), e un anaco de goma elástica! Isto desconcertounos, pensamos que a usaron para cerrar a bolsa de plástico co cadro...😓
Aquí tedes a nosa variedade de pistas. Mirámolas coas lupas que temos e tamén cos prismáticos de Xoel que serven para ver todo tipo de microorganismos que aínda estean presentes nas pistas. 😎
A UNIÓN FAI A FORZA
Seguiremos informando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario