sábado, 3 de marzo de 2018

SUDOKU

   Esta semana comezamos cun novo xogo, o SUDOKU!!! A profe Eugenia, falounos deste xogo e animounos a probar a ver se nos gustaban. Contámosvos como foi esta semana cos Sudokus.
   Escribimos a palabra e analizámola. Contén a letra K! Dixemos os Pimpíns. Xa coñecemos outras palabras con K: 
- Kandinsky.
- Karate.
- Koala.
- Kiwi.
   *Cando escoitamos o son: CA (camión), ou CO (coche), sempre queremos poñer o K, pero estamos observando que case nunca é a letra K, sempre é o C que é bastante tramposo e troca o seu son cando quere. 


      Un sudoku é un xogo matemático, moi popular en Japón, que consiste en ir cubrindo unha cuadrícula (varios cadrados) con números, figuras, letras, e non se poden repetir na mesma fila, nin na mesma columna. Que vos parece??? Pensaredes...Os Pimpíns, tolearon!!! 😆😆😆


    O nome chíflanos aínda que é algo difícil de lembrar, jajaja! Xa fixemos varios. Na asemblea, facémolos entre todos. No encerado, fixemos un de círculos de cores, faltaban 5 min. para ir ao comedor e aproveitámolos facendo un sudoku. 


   Tamén nos animamos a facelo na ficha, pero un sudoku superdifícil de números!!! Puuuuuuf!


Seguiremos informando do noso avance en Sudokus!!!
Ahhh! Non vos dixemos que os Sudokus teñen grandes beneficios para o noso cerebro porque mentres os facemos:
- Temos que prestar atención.
- Temos que ser moi observadores.
- Temos que valorar as nosas decisións.
- Temos que solucionar os problemas que nos xurdan.
- Temos que saber mirar en vertical (columnas).
- Temos que saber mirar en horizontal (filas).
- Temos que organizar o noso pensamento.
- Temos que coñecer os números, as letras e as figuras do Sudoku.
Case nada!!!😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario