miércoles, 7 de marzo de 2018

O MAR NO MUSEO

    Así se titulaba o percorrido que fixemos onte no Museo de Belas Artes, O mar no museo. Unha visita relacionada co mundo mariño: sereas, praias, area, polbos, mariscadoras, ...
   O traballiño que levamos hoxe para casa, recolle os cadros que Jaime nos explicou, agás o de Ría de Mera, ese non o vimos, no seu lugar vimos Paisaxe de Modesto Urgell. Este cadro que vedes, é un dos máis grandes do Museo, e alucinamos cando o vimos. Que grande!!!  

     Ademais dos cadros do libriño que levamos, e Paisaxe, vimos tamén unha escultura que nos encantou. Esta escultura é do artista lucense, Paco Pestana, dende logo foi un éxito!!! Jaime xirouna e xirouna, e facía un ruído estrano que nos impactou moitísimo. Tivemos que pensar un nome xa que non ten, e Sabela díxolle a Jaime que pensaba que PICUDO era ideal, polo que para os Pimpíns, esta escultura é PICUDO!!!


     Nese libro había un cadriño para debuxar o que máis nos gustou. Aquí tedes o que máis nos impactou.



    
     Cada Pimpín, sacou da súa cabeciña as letras da palabra, que indica o que é o seu debuxo. Non me digades que non están todas ideais!!! Aplauso xa mesmo para estes nenos e nenas!!! Nós, aplaudímonos a nós mesm@s moi a miúdo!!! 😆😆😆
*Evidentemente, estamos comezando a lanzarnos coa escritura e lectura, polo que paseniño, sen forzar, deixando liberdade, e deixando que cada neno e nena vaia ao seu ritmo. Todo o que escribimos está xenial!
 *Por certo, mañá preguntarei se me equivoquei de nome nalgún debuxo, porque os puxen de memoria, pero estou por apostar, que os acertei todos! Cada Pimpín, é únic@, é especial, e é diferente, e xa levamos un tempiño xunt@s e penso que nos coñecemos moiiiii beeen! 😎🙌 (Igual falo antes de tempo, de ser así, borrarei este parágrafo e..."si te he visto, no me acuerdo" 😆😆😆🙈).

No hay comentarios:

Publicar un comentario