ROUBÁRONNOS
Sí. Tal e como o ledes.
Aínda non o cremos. Estamos tristes e desolad@s.
Xusto mañá, ían vir buscar o cadro de Kandinsky, VERDE SÓLIDO, para levalo ao aeroporto da Coruña e volver de novo ao Museo de Múnich.
Howard Carter, chamounos e díxonos que mañá, sen falta, tiña que estar de volta o cadro.
Hoxe non puido saír no avión porque había unha tremenda borrasca e mirade xusto o que nos pasou!
E xusto hoxe...aaaaaaaaaaaai o que pasou hoxe...non pode ser, non poder ser...
Contámosvos:
- Estabamos tod@s xunt@s, A e B, vendo un vídeo, de súpeto. Entraron 2 villan@s. As profes non @s vimos porque estabamos de costas pero Nós sí, eran 2, un chico e unha chica. Isto sabémolo pola voz. Dixéronnos:
-NON NOS IDES PILLAR!!!
E marcharon correndo...Saímos detrás pero nada, xa non os vimos máis e con eles...o CADRO!
Pedimos a vosa colaboración, estade atent@s por se vedes algo, seica marcharon nun coche branco.
Nós estivemos pensando e xa temos un PLAN que levar a cabo. É o seguinte:
Sabela contounos que nun contacontos escoitou que A UNIÓN FAI A FORZA. Fai uns días que estamos analizando ese lema, gústann@s moito! E hoxe, como non, máis que nunca!!! Xunt@s seremos capaces de encontrar o cadro!!!
Empezamos xa cos carteis! E parece ser que tamén hai huellas, pegadas, que deixaron @s villanos. Estivemos analizando...
A UNIÓN FAI A FORZA
Seguiremos informando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario