martes, 13 de marzo de 2018

TÉCNICA DE BORDEAR

   Agora tamén dominamos a técnica de BORDEAR, ir polo borde marcando co lapis e logo recortar. Ao principio, as pezas movíanse e saían churriños 😆😆😆 pero...agora temos máis que dominada a técnica de agarrar e ir bordeando! 
    Veredes nestas fotos nas que parece que hai CAOS, pero para nada, cada Pimpín estaba ao seu, collendo distintos folios de cores, collendo as formas que máis lle gustan, e compoñendo a súa obra. Tesoiras, rotuladores, lapis, pegamentos, recortes, figuras xeométricas, cartolinas, ...
   E os recortes que nos sobraron para as caixas do recuncho de Obra de Arte. Temos tantas cousas 😅😅😅 que é un pouco desastre. Temos que quitar cousas porque este recuncho cada día é máis grande 😱🙈



POUCAS VECES SE VE TANTA CONCENTRACIÓN!


        
   * Últimamente so facemos que cortar! 😎 O outro día a profe mandou facer unha cousa e un Pimpín exclamou: Coa tesoira non? 😆😆😆😆😆😆😆 e que fai anos que non vemos o punzón. Tesoira tesoira e tesoira! E a nós que nos gusta moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario